SAFARI FOTOGRÁFICO
Esta tipografía está acertada porque a liña do nome da tenda ten o mesmo grosor que o resto de informaciónque presenta pero ainda así se reforza a intensidade do nome mediante a composición e introducindoo no medio do debuxo do xeado, tamen moi directo para presentar unha heladería.
BEN
Esta tipoloxía pareceme moi inxeniosa porque no nome do establecemento se integra o logo composto por un pelo a modo de "L", o cal cadra á perfección ca función do comercio.
Ainda que por poñerlle algunha pega, non queda ben que o logo sobresala do encuadre, pero ainda así, mantense unha impresión profesional do negocio.
BEN
A tipoloxía desta tenda de roupa pareceme que está anticuada e que non se entende ben o nome desta, porque no escaparate pon un nome, e na parte superior á porta, pon outra.
O deseño desta tipoloxía é moi dubidosa e está desfasada.
MAL
A tipografía causa unha sensación xuvenil, ainda que esta tenda tamén resulta dubidosa para o cliente, porque se trata dunha tenda ultramarinos, pero o nome e logo destas véndenos unha carnicería.
MAL
Nesta tipografía atopamos unha mensaxe moi ben lograda deste bar especializado en pinchos.
É moi directa e interesante.
BEN
Nesta autoescola empregouse un tipograma mesturando as letras do nome cunha "M" que representa unha estrada. Tamen podemos observar como o pau da "Ñ" é outra palabra que nos indica o lugar onde se encontra o establecemento.
BEN
Esta tipografía a pesar de que chame a atención polas súas cores, está chea de irregularidades.
as palabras curvas do superior do cartel dan maior atención ao logo do restaurante, pero isto supon un problema polas imperfeccións deste.Esto da unha imaxe pouco profesional.
MAL
A tipografía desta tenda só esta acertada na cor para a miña opinión, porque a fonte empregada non consigue un resultado profesional e a "@" non ten un significado directo para os espectadores do cartel.
MAL
Esta tipografía podería ter un mellor resultado si tuvera unha fonte mais atractiva e xuvenil, e penso que si a palabra "azul" esta dentro do nome da tenda, selle debería dar mais xogo porqque resalta mais o rosa do fondo.
MAL
Esta tipografía emprega unha fonte moi dinamica e un recurso monocromático en todo o cartel, polo cal é mais directo.Ademais é moi interesante que se empregue un balón con sombreiro para sustituír a "O" e ao mesto tempo definir o nome da tenda cunha imaxe.
BEN
Nalgunha parte dis tipoloxía, que significa outra cousa. É tipografía.
ResponderEliminar